O primeiro camposanto galego de animais de compañía, en Lugo
Entra en vigor a ordenanza do pioneiro Cemiterio Municipal de Mascotas de Lugo, o segundo en todo o ámbito estatal
O camposanto lucense de San Froilán será o primeiro do país que albergue tamén as cinzas dos animais de compañía. De feito, esta mesma semana entrou en vigor a ordenanza do Cemiterio Municipal de Mascotas de Lugo, que regulará este servizo pioneiro en Galicia.
Con 800 metros cadrados, o espazo terá capacidade para albergar ata 320 urnas cinerarias de cans, gatos ou furóns. O servizo complementa así os lugares onde se poden soterrar os restos das mascotas, que sempre deben ser dadas de baixa no Rexistro Galego de Animais de Compañía.
"En Galicia pódense enterrar os cans nos terreos privados, sempre e cando se garde as distancias cos acuíferos. Nese caso, será o veterinario quen rexistre que foi sacrificado e darao de baixa no REGIAC", sinala Antonio Cantalapiedra, director do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina de Lugo.
Tras o de Málaga, o de Lugo será o segundo cemiterio de mascotas en todo o ámbito estatal.