Levar o can á praia require de coidados para evitar riscos e garantir o seu benestar
Non hai que esquecer levar auga para manter a hidratación e evitar as exposicións solares prolongadas
Levar os cans á praia require ter en conta certos coidados para garantir o seu benestar. A auga salgada ou a area poden converterse nun risco.
"Tragan area, tragan auga e aí si que vemos problemas dixestivos, vómitos e diarrea. Cun tratamento non adoita haber maior problema", sinala Ana Eltamcheh, veterinaria da clínica Elviña Vets da Coruña.
Entre as doenzas que chegan ás consultas veterinarias figuran tamén os problemas de pel. De aí que para os máis nadadores o consello sexa "ter moto coidado ao voltar á casa e aclarar ben con auga doce. Porque esa salitre aínda que sabemos que é boa para as feridas e iso é verdade, pero se queda na pel pode facer moito dano", engade a veterinaria.
Non hai que esquecer levar auga para manter a hidratación e evitar as exposicións solares prolongadas.
"Os cans tamén empregan cremas solares sobre todo as razas que son clariñas, con capas máis claras. Temos que botarlle no nariz, na barriga, nas zonas onde non hai pelo porque tamén se queiman", sentenza.
Como veterinaria especializada en comportamento animal, Ana recomenda ir á praia cun xoguete do noso can ou premios cos que manter o animal baixo control en todo momento, favorecendo así unha convivencia responsable.