Piden unha solución ao problema das cabras soltas por varias propiedades de Mugardos e Ares
Denuncian a actitude agresiva da dona dos animais
Están a recoller sinaturas para presentar ante a Valedora do Pobo
Un rabaño dunhas cen cabras amola os veciños de Mugardos e Ares.
"Andas soltas e invaden as nosas propiedades". "Non podemos plantar nada porque estragan e comen todo".
Unha situación que, segundo aseguran, estalles a causar importantes perdas económicas.
"A un veciño fíxolle perder uns corenta mil euros".
Alertan tamén do perigo que supoñen estes animais para o tráfico.
"Xa houbo varios accidentes" "E como vaias en moto ou en bicicleta e te salte un animal...".
Levan aturando todos estes problemas desde hai anos sen poder falar coa dona das cabras.
"Non se pode falar porque é moi agresiva" "Insulta, a un veciño púxolle o anciño na barriga...".
Fartos de que ninguén os escoite, decidiron recorrer á Valedora do Pobo. Confían en que así chegue a solución definitiva.