Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do barrio vigués de Freixeiro mobilízanse contra a inseguridade e o abandono

Veciños do barrio vigués de Freixeiro mobilízanse contra a inseguridade e o abandono

A gota que encheu o vaso foi o último incendio nun edificio abandonado que rematou con tres persoas feridas

(TVG)
G24.gal 27/04/2026 22:14

Os veciños do barrio de Freixeiro en Vigo mobilizáronse este luns para denunciar a inseguridade e o abandono da zona. A gota que encheu o vaso foi o último incendio nun edificio abandonado que rematou con tres persoas feridas.

Denuncian a existencia de narcopisos con ocupas que atemorizan o barrio e protestan polo mal estado das beirarrúas e das instalacións deportivas. Os veciños din sentirse abandonados polo Concello. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade