Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fartos das fochancas na parroquia viguesa de Cabral

Fartos das fochancas na parroquia viguesa de Cabral

Hai medio cento delas, algunhas de grandes dimensións, no medio da subida á Becerreira

G24.gal 17/04/2026 13:40

Os residentes na parroquia viguesa de Cabral denuncian que na zona hai medio cento de fochancas, algunhas de grandes dimensións en vías principais como a subida da Becerreira. As cavidades provocan grande estrondo e vibración nas vivendas e mesmo xeran fendas en paredes e azulexos.

Dúas grandes fochas no medio da vía a escasos douscentos metros, é a imaxe máis ilustrativa de cómo están as estradas en Cabral. Os veciños contabilizaron preto de medio cento delas, algunhas están fotografadas e entregadas no rexistro do Concello.

Ata o de agora non lles facían moito caso pero logo da presenza dos medios, hoxe ata o lugar achegouse unha brigada de obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade