Publicador de contidos

Publicador de contidos

A corta das árbores da praza de Rosalía causa polémica en Ferrol

A corta das árbores da praza de Rosalía causa polémica en Ferrol

A corta dos vellos pradairos satisfai a uns veciños e indigna a outros

O proxecto de remodelación da praza contempla substituílas por outras de menor porte

 

G24.gal 16/04/2026 14:15

A imaxe da praza de Rosalía completamente despexada e coas vinte e unha árbores serradas no chan, non deixa indiferente a ninguén. A polémica está servida.

Para uns, as árbores, de catorce metros, eran un emblema e un pulmón do barrio que había que conservar. Para outros, os vellos pradairos eran un problema que cortar de raíz.

O proxecto de remodelación da praza contempla a substitución das árbores por outras de menor porte, como cerdeiras. Así que tamén hai quen prefire agardar.

O Concello, pola súa banda, responde que o cambio das árbores por unhas mais pequenas se fai "por petición da asociación veciñal". Está previsto que as obras, que baixarán a praza ao nivel da calzada, se prolonguen durante nove meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade