Publicador de contidos

Publicador de contidos

Protesta veciñal en Vigo por unha beirarrúa e un paso de peóns que non levan a ningures

Protesta veciñal en Vigo por unha beirarrúa e un paso de peóns que non levan a ningures

Pídenlle ao concello de Vigo que reforme a obra porque resulta confusa e reduciu prazas de aparcamento

G24.gal 12/04/2026 20:34 Última actualización 12/04/2026 20:49

Os veciños da Travesía das Escolas Públicas, unha pequena rúa que sae da gran avenida García Barbón, cualifican de estrambótica a obra municipal que reformou o que antes era un monte pechado por dous muros.

Fóra da cámara moitos residentes apoian a Xosé Domínguez, Cholo, o xubilado que está tutelando a protesta contra o Concello de Vigo.

"Entreguei un escrito no Concello por rexistro para que veñan comprobar a realidade dos feitos e nos aclaren aos veciños se esta reforma é legal ou non e se van ou non cambiar as cousas. Hai que tomar cartas no asunto para darlle solución a esto. Este patio non pode estar así", conta a TVG Xosé Domínguez "Cholo", veciño da rúa.

Protestan porque a obra, sempre segundo a súa versión, reduciu as prazas de aparcamento para engadir unha beirarúa e un paso de peóns que non leva a ningures.  

"Non. O paso de peóns non da a ningún sitio. Eu véxoo imposible...¿ como van tirar o muro? É poñen un paso de peóns cando aquí non pasa ninguén a pe. É unha aberración xigante. Porque se retiran as beirarrúas de Travesía das Escolas Públicas para facelas máis levadeiras e para que a xente teña menos problemas ao camiñar, para a xente maior, que hai moitísima xente maior entre eles eu mesmo, e poñen unha beirarrúa nun patio. Non ten sentido", engade Xosé Domínguez "Cholo", un veciño da Travesía das Escolas Públicas en Vigo.

Algúns veciños estudan emprender accións legais no caso de non obter resposta municipal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade