Publicador de contidos

Publicador de contidos

Enigma eléctrico sen resolver na parroquia luguesa de Santo André do Castro

Enigma eléctrico sen resolver na parroquia luguesa de Santo André do Castro

Varias vivendas dos lugares de Anguieiro e Conturiz levan un mes sufrindo constantes cortes de luz sen causa aparente

Cadro eléctrico nunha das casas afectadas
Félix Aragunde. Imaxe: Afonso G. Novoa. 09/04/2026 13:49

Un misterio semella rodear os continuos cortes de luz que veñen padecendo, dende hai un mes, varias vivendas dos lugares de Anguieiro e de Conturiz, na parroquia luguesa de Santo André de Castro. Nunha delas, o cadro eléctrico chegou a saltarlles, sen causa aparente, ata medio cento de veces nun mesmo día. Os técnicos acudiron en diversas ocasións para tratar de saber que é o que falla, pero sempre atoparon todo en perfecto estado

O problema agudízase a determinadas horas do día. Aféctalles os usuarios sobre todo para dispoñer de auga do pozo, para cociñar ou para poder conservar alimentos na neveira

Unha hipótese que explicaría o acontecido sería un enganche ilegal por parte dalgún veciño, pero polo momento tampouco se detectou ningún tipo de irregularidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade