O Foro polo Ferrocarril retoma a loita para mellorar as conexións con Ferrol
A primeira hora deste sábado chegou a Betanzos a "viaxe reivindicativa" organizada pola plataforma cidadá
Denuncia a situación de abandono do servizo en Ferrolterra, Eume e Ortegal e reclaman solucións
O Foro cidadán polo Ferrocarril reactivou este sábado a súa loita pola modernización das conexións coa cidade de Ferrol cunha viaxe reivindicativa en tren.
Decenas de participantes partiron en convoi de Ferrol a primeira hora e chegaron a Betanzos pouco antes das 10:00 horas. Alí, tras marchar polas rúas da vila, van ler un manifesto coas súas reivindicacións.
A plataforma reclama a actualización das liñas que unen Ferrol coa Coruña e Ribadeo porque son moi antigas e, segundo denuncian, sempre están a xerar problemas.
Tamén piden o establecemento de liñas de cercanías e a inclusión destes servizos ferroviarios no Eixo Atlántico e no corredor de mercadorías occidental.
O Foro agardaba unha reacción tras a súa última manifestación, a finais do ano pasado. Porén, ante a falla de propostas concretas por parte da administración central acordou reanudar as medidas de presión.
O tren partiu da estación de Ferrol