A acampada pola vivenda de Santiago instálase na praza do Obradoiro
Nos días pasados un grupo de mozos establecéranse nos exteriores da estación intermodal compostelá no marco das protestas que se están realizando en todo o Estado
Imaxe directo: cámara web da CSAG na praza do Obradoiro
Ducias de persoas trasladaron esta noite a acampada pola vivenda á praza do Obradoiro de Santiago de Compostela co obxectivo de "loitar por unha vivenda digna".
Convocados polo Sindicato Vivenda de Compostela, os protestantes mostraron a súa "fartura" contra a "especulación coa vivenda" e o "rendismo", acusando a Xunta e o Goberno central de "non facer nada".
Nos días pasados, tras a manifestación que percorreu a cidade o luns, varios mozos improvisaron unha sentada na estación intermodal de Santiago, para logo pasar a instalarse nos exteriores de maneira máis permanente.
Segundo explicaron, a decisión de facer unha acampada no Obradoiro foi tomada sobre as 00:00 horas deste xoves. Polo momento son apenas unhas poucas tendas, pero que esta noite se unan máis persoas para "aproveitar a forza que deu o desafiuzamento de Maricarmen para intentar conseguir unha vida máis digna".
Eles ven "insuficiente" os decretos da vivenda que se debaten este venres no Congreso dos Deputados este venres, polo que convocaron esta acampada "indefinida".
Así, ofrecerán unha conferencia de prensa sobre as 11:15 horas desta mañá para informar os medios de comunicación.