Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de mozos montan unha sentada na intermodal de Santiago en demanda dunha vivenda digna

G24.gal 29/09/2026 07:37

Centos de mozos concentráronse este luns nunha improvisada sentada na intermodal de Santiago para reclamar unha vivenda digna e un decreto contra os desafiuzamentos.

A acción reivindicativa, convocada polo Sindicato de Vivenda de Compostela, comezou na Alameda e os participantes, tras percorrer varias rúas da cidade, corear consignas coñecidas como "casas para vivir, non para investir" e protestar co son das chaves que portaban, dirixíronse á estación.

O mesmo comportamento que fóra, replicárono dentro, polo menos todos os que puideron acceder porque o espazo non daba para máis. "A vivenda é un dereito e tomaremos as rúas", dixo un portavoz e esta declaración foi moi aplaudida.

A convocatoria chegou tras o desaloxo de Maricarmen e mentres o Goberno negocia o decreto de vivenda, en paralelo á acampada da Porta do Sol de Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade