O CNI non ten evidencias de que a entrada a Ceuta fose froito dunha acción marroquí
Nun informe presentado ante a maxistrada da Audiencia Nacional María Tardón sinala que a mobilización foi produto dun chamamento en redes sociais
Arquivo/Europa Press
Un informe do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) conclúe que ata a data non se obtiveron evidencias que permitan afirmar que a entrada masiva de inmigrantes a Ceuta os pasados 30 e 31 de xullo de fosen o resultado dunha acción "instigada, planeada ou coordinada polas autoridades marroquís".
Así o revela o informe presentado á maxistrada da Audiencia Nacional María Tardón, que investiga a entrada masiva de migrantes a Ceuta, e que sinala que "ata onde se sabe nestes momentos, a mobilización foi produto dun chamamento en redes sociais no que non pode recoñecerse a existencia dun único dinamizador, nin a vinculación dos que foron detectados co aparello do estado marroquí".
"Tras as investigacións en profundidade realizadas polo CNI, non se atoparon evidencias que permitan afirmar que organismos estatais marroquís estean implicados no deseño, posta en marcha ou coordinación dunha acción con intencións deliberadamente agresivas deste tipo contra España", destaca.