Publicador de contidos

Publicador de contidos

Residentes da rúa Luis Seoane, en Lugo, alertan de problemas por un local que funciona como 'after'

Residentes da rúa Luis Seoane, en Lugo, alertan de problemas por un local que funciona como 'after'

Un dos clientes baixou os pantalóns en plena rúa, diante dunha nai e súa filla

A plataforma SOS Milagrosa Norte chegou recomendar medidas de protección individual

A veciñanza agarda que a futura ordenanza cívica outorgue maior peso á Policía Local

G24.gal 27/04/2026 13:58

Residentes da rúa Luís Seoane de Lugo denuncian problemas de seguridade e un ambiente insalubre, que atribúen ao establecemento VaBeNe.

"Sempre hai problemas polo pub", explica un deles, mentres outra veciña láiase de non poder utilizar a rúa "a pesar do bonita que quedou tras a peonalización" porque "hai clientes que mexan nos portais e nas xardineiras e tiran os vasos". 

"Mexan nos portais, nas paredes, nas xardineiras. Guindan vasos, hai boureo e de cando en vez pelexas".

Un dos episodios máis graves tivo lugar a pasada fin semana cando un dos clientes que saía do local baixou os pantalóns, mentres pasaban unha nai e súa filla.

A través dos grupos veciñais, mesmo chegaron a recomendar medidas de protección individual como levar gas pementa. Outros dos veciños é Alberto Barreira, que lamenta estes feitos que considera de moita gravidade. É por iso que prepara un escrito dirixido ao Concello, para que tome medidas, aínda que non ten moita esperanza.

"Hai quen evita pasar pola zona nas horas conflitivas, ata se chegou recomendar levar gas pementa".

A problemática deste local é común a outras rúas do barrio da Milagrosa con locais con licenza de cafetería que funcionan como pub. A plataforma SOS Milagrosa Norte presentou alegacións á futura ordenanza cívica da que agardan, outorgue maior peso á Policía Local.

O seu voceiro Fernando Toubes explica que a futura normativa vai poñer na rúa unha serie de ferramentas para que a Policía Municipal poida actuar, "como por exemplo poden ser as sancións económicas nas multas por distintos altercados que poida haber na vía pública".

A plataforma veciñal reclama tamén unha unidade de intervención da Policía Nacional en Lugo, que evite o desprazamento dende A Coruña ou Ourense, así como a instalación de cámaras de seguridade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade