Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ollo co abuso dos prazois, tecnicamente non son protectores de estómago

Ollo co abuso dos prazois, tecnicamente non son protectores de estómago

A xente úsaos para previr malas dixestións

Alertan do sobreconsumo destes fármacos, que, cun uso continuado, poden danar os riles

Un dos máis coñecidos é o omeprazol, porque non precisa receita
G24.gal 27/04/2026 15:22

Un 13 % da poboación tómaos a diario, e moitas veces sen ter necesidade. En España hai sobreconsumo de prazois.

"É un dos medicamentos que máis se dispensa na farmacia", advirte Ignacio Labella, titular de farmacia.

"Estanse utilizando mal e abusando deles", apunta María José García, titular de farmacia.

Os prazois son medicamentos antiulcerosos, pero hai a idea errónea de que son protectores de estómago. Un dos máis coñecidos, o omeprazol, a xente úsao sen prescrición médica para previr acidez despois dunha comida copiosa.

"Iso non mellora a dixestión, ao contrario, empeóraa, entón o ideal é non pasarse comendo", insiste a farmacéutica.

"Non é efectivo dende a primeira cápsula, teñen que pasar 2 o 3 días para que o efecto da redución da produción de ácidos gástricos sexa eficaz, o note o paciente", puntualiza Ignacio.

Case todos os pacientes polimedicados téñeno pautado polo médico

"Úsase habitualmente con antinflamatorios que son bastante agresivos para o estómago, con algún medicamento pero son para momentos puntuais", explica María José.

 "É moi típico que unha vez cese este tratamento antinflamatorio continúe xa de por vida co protector de estómago", conclúe Ignacio.

Advirten que o abuso deste fármaco ten consecuencias para a saúde, sobre todo para os riles, que son os que se encargan de metabolizar os medicamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade