Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro falecidos e decenas de feridos tras chocar dous trens ás aforas de Iacarta

Catro falecidos e decenas de feridos tras chocar dous trens ás aforas de Iacarta

Indonesia inaugurou en 2023 do primeiro tren de alta velocidade do país, que conecta a capital coa cidade de Bandung

REUTERS/Ajeng Dinar Ulfiana REUTERS/Ajeng Dinar Ulfiana
G24.gal 27/04/2026 20:02 Última actualización 27/04/2026 20:09

 Catro persoas faleceron e unhas corenta resultaron feridas e trasladadas a hospitais tras o choque de dous trens ás aforas de Iacarta, a capital indonesia.

Os trens afectados son un convoy de proximidade que procedía de Iacarta e outro de longa distancia, que colisionaron na estación de East Bekasi por causas aínda descoñecidas.

A Policía da área metropolitana de Iacarta indicou inicialmente que faleceran tres persoas e que unhas 29 foran trasladadas a hospitais, a compañía ferroviaria estatal KAI elevou despois a catro os mortos, todos do tren de proximidade, e pediu desculpas e transmitiu as súas condolencias ás familias dos afectados.

A empresa indicou que os 240 pasaxeiros do tren de longa distancia foran evacuados e estaban a salvo, mentres que os feridos da unidade de proximidade ascendían a 38, que foron enviados a distintos hospitais da zona.

"Transmitimos as nosas máis sinceras condolencias e desculpas por este incidente. O noso obxectivo actual está en asegurar que as vítimas reciben o mellor coidado posible", sinala o comunicado de KAI, que engade que continuarán traballando en coordinación coa Policía, o Exército e os equipos médicos.

Indonesia, arquipélago de máis de 17.000 illas con Xava, onde se atopa Iacarta, como a máis poboada, apostou nos últimos anos por reforzar o seu sistema ferroviario, coa inauguración en 2023 do primeiro tren de alta velocidade do país, que conecta a capital coa cidade de Bandung.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade