Cargando resultados...
Falece un home despois de sufrir un golpe dunha vaca en Muras
Ocorreu no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo
G24.gal
23/04/2026 20:55
Última actualización 23/04/2026 21:18
Un home perdeu a vida na tarde deste xoves tras sufrir un accidente cunha vaca no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras).
O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora golpeado polo animal.
De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil.
Unha vez no punto, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.