Arde un coche en Mondariz tras levar por diante un ciclista, que está grave
A bicicleta caeu por un terraplén e o ciclista, de 26 anos, quedou inconsciente na beiravía
Despois do accidente, ocorrido na parroquia de Meirol, o turismo quedou calcinado
Un ciclista de 26 anos, veciño de Ponteareas, ingresou en estado moi grave no hospital Álvaro Cunqueiro tras ser alcanzado por un vehículo.
O accidente ocorreu na estrada N-120 ao seu paso pola parroquia de Meirol, no concello de Mondariz, pouco despois das sete da tarde.
Por causas aínda sen determinar, o coche levou por diante o ciclista, de profesión bombeiro, que quedou inconsciente na beiravía tras caer por un noiro á altura do quilómetro 635.
Imaxes cedidas por FINO REIGOSA
Segundo informa o 112, mentres enviaban un helicóptero de emerxencias para atender o ferido, o vechículo incendiouse e ardeu por completo.
O mozo saíu despedido e quedou tendido na parte traseira do turismo. Levou un forte golpe na sen e xa tivo que ser intubado antes do seu traslado.
A Garda Civil investiga se foi un despiste ou se o condutor, que viaxaba só, circulaba a velocidade excesiva ou baixo os efectos do alcol.
Imaxes cedidas por FINO REIGOSA