Cargando resultados...
Feridas tres persoas ao bater dúas motos de gran cilindrada en Redondela
Segundo Protección Civil, unha das motos ía facer un xiro á esquerda mentres a outra viña adiantando
Ocorreu na estrada N-552 á entrada da vila, na rotonda de Cedeira, sobre as 21:00 horas
G24.gal
19/04/2026 09:44
Última actualización 19/04/2026 17:45
A Garda Civil investiga as causas do choque entre dúas motos de gran cilindrada na estrada N-552 ao seu paso polo concello de Redondela. Na colisión, tres persoas quedaron feridas de gravidade.
O accidende ocorreu sobre as 21:00 horas na rotonda de Cedeira, á entrada da vila dende Vigo. Segundo Protección Civil, unha das motos ía facer un xiro á esquerda mentres a outra viña adiantando e non a viu.
Nunha delas viaxaba un home e unha muller e na outra, un mozo. Todos, veciños de Redondela, foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro en estado grave.