Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Sanxenxo tras facerse pasar por directivo dunha petroleira para estafar 350.000 euros

Detido en Sanxenxo tras facerse pasar por directivo dunha petroleira para estafar 350.000 euros

Acúsano dun delito de estafa en grao de tentativa, usurpación de identidade e falsificación de documento

G24.gal 10/07/2026 16:37

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cangas do Morrazo detivo en Sanxenxo un home de 72 anos por intentar estafar 350.000 euros a unha empresa facéndose pasar por director xeral dunha petroleira con sede en México.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, a investigación comezou tras unha denuncia recibida o 8 de xuño nas dependencias da Garda Civil de Cangas por parte dunha empresa coa que contactou o home para realizar unha operación entre a súa suposta empresa e a entidade obxectivo da estafa.

O home fíxose pasar por director xeral dunha coñecida petroleira con sede en México e reclamou o pagamento de 350.000 euros en concepto de comisións, gastos e taxas. Para iso, empregou documentación falsa con selos da empresa e dun notario de México, así como documentación dunha terceira persoa coa que el mesmo se identificaba.

Os axentes identificaron o varón e detivérono como presunto autor dun delito de estafa en grao de tentativa, un delito de usurpación de identidade e un delito de falsificación de documento.

O home pasou a disposición xudicial do xulgado número dous de Marín, que decretou a súa posta en liberdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade