Decretan o sobresemento provisional da causa contra o alcalde de Sada polas horas extras á Policía Local
Decretan o sobresemento provisional da causa contra o alcalde de Sada polas horas extras á Policía Local
O xulgado considera que non existen indicios suficientes para continuar coa causa penal por posibles delitos de falsidade documental e estafa continuada
Benito Portela, alcalde de Sada. (Arquivo)
O Xulgado de Instrución de Betanzos acordou o sobresemento provisional das dilixencias abertas tras a denuncia presentada en 2023 por Unidos por Sada e a exedil María Nogareda en relación á xestión das horas extraordinarias da Policía Local desde 2020 e anos posteriores.
A denuncia presentouse contra o alcalde de Sada, Benito Portela, de Sadamaioría, en relación aos posibles delitos de falsidade documental e estafa continuada.
No auto, confírmase o sobresemento ao entender o xulgado que "non existen indicios suficientes para continuar a causa penal".
"Tentouse desacreditar ao goberno" segundo a formación Sadamaioría
"Desde Sadamaioría nunca renunciamos a dar explicacións nin a defender a nosa actuación", sinala a formación nun comunicado no que asegura que sempre defendeu "que non había unha trama delituosa senón unha instrumentalización política dos xulgados para intentar desacreditar un goberno e ás persoas que o integraban".