Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller falece electrocutada tras caer nun pozo en Vigo

Unha muller falece electrocutada tras caer nun pozo en Vigo

Estaba limpando no pozo cando caeu sobre o botón do sistema automático de subida e baixada do caldeiro

G24.gal 08/07/2026 20:16

Morre electrocutada unha muller en Vigo tras caer a un pozo. Aínda que trataron de reanimala, nada se puido facer por salvarlle a vida.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso dez minutos antes das 18:00 horas da tarde deste mércores.

O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pedía axuda para sacar a unha muller que caera a un pozo e que non podían sacar porque estaba electrocutada, en Camino da Devesa, Saiáns, Vigo.

Neses intres, un particular comunicaba aos xestores de emerxencias que a muller xa fora retirada do interior do pozo e que a estaban reanimando.

Segundo indicaron os axentes da Policía Nacional ao 112 Galicia, todo parece indicar que a muller realizaba tarefas de limpeza no pozo cando caeu sobre o botón do sistema automático de subida e baixada do caldeiro, recibiu unha descarga eléctrica que lle provocou o falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade