Cargando resultados...
Á prisión un home por tentativa de homicidio tras agredir cunha pedra outro home en Santiago
A vítima presenta feridas graves e continúa ingresada no hospital desde o domingo, cando ocorreron os feitos
G24.gal
08/07/2026 18:28
O xuíz decreta o ingreso en prisión dun home detido en Santiago por un suposto delito de tentativa de homicidio.
A agresión ocorreu o pasado domingo na contorna do río Sarela.
Segundo fontes policiais, o detido discutiu coa vítima, que nese momento paseaba o seu can polo paseo fluvial, e acabou agredíndoa cunha pedra na cabeza.
Isto provocoulle feridas graves e permanece ingresada no hospital desde entón.
Por mor destes feitos, o home pasou a disposición xudicial este mércores.
Foi o Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela o que decretou o seu ingreso en prisión.