Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preocupación en Ourense polos mozos que se tiran ao Miño dende a ponte romana

Preocupación en Ourense polos mozos que se tiran ao Miño dende a ponte romana

Desde Protección Civil din de que estas son actitudes neglixentes, temerarias e sancionables

G24.gal 08/07/2026 16:51

En Ourense están preocupados polos mozos que nas últimas semanas utilizan a ponte romana para saltar ao río Miño. Coidan que se trata dun comportamento non só incívico por ser un monumento protexido, senón moi perigoso para os mozos no caso de caeren nunha zona pouco profunda do río.

A xente nova agrúpase na base da ponte romana. Algúns acaban saltando á auga dende os piares da ponte, o que ten preocupada a veciñanza.

Contan que non é a única zona que frecuentan, que hai outras río arriba onde tamén se deixan ver de cando en vez.

Desde Protección Civil falan de que estas son actitudes neglixentes, temerarias e sancionables dende todo punto de vista. Aseguran que se trata dunha situación recorrente cada verán e que o perigo é grande.

Lembran que a maioría son menores, por iso apelan á responsabilidade dos seus proxenitores. Por outro lado, hai quen pensa que unha maior vixilancia da zona podería evitar situacións coma esta.

Dende Protección Civil lembran que Ourense conta con numerosas zonas de baño como as piscinas, as praias fluviais ou as pozas, onde os usuarios poden refrescarse sen poñerse en risco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade