Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenados dous veciños da Fonsagrada por atacarse mutuamente cunha pa e unha aixada

Condenados dous veciños da Fonsagrada por atacarse mutuamente cunha pa e unha aixada

A Audiencia Provincial de Lugo condenou cada un deles a dous anos de cárcere 

A discusión tivo lugar nunha leira próxima á casa dun dos procesados en febreiro de 2022

Arquivo Arquivo
G24.gal 25/06/2026 13:29

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a dous anos de cárcere cada un dos dous veciños da Fonsagrada que se agrediron mutuamente cunha pa e unha aixada tras unha discusión que tivo lugar nunha leira próxima á casa dun dos procesados, en febreiro do ano 2022.

Os procesados, que tiñan “unha relación de inimizade desde hai moitos anos”, protagonizaron unha forte discusión que lle ocasionou a un a perda de visión dun ollo e a outras lesións graves, polo que deberá indemnizalo con 58.145,16 euros.

Os dous agredironse mutuamente cunha pa e unha aixada que un deles tiña na man.

O tribunal considera a ambos autores de delitos de lesións e rexeita a concorrencia de aleivosía, asañaento ou eximente por medo. Tamén desbota a cualificación de delito de tentativa de asasinato ou homicidio.

A sentenza non é firme, e é posible presentar recurso ante o TSXG. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade