Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adíase ata decembro o xuízo contra unha nai que supostamente maltrataba o seu bebé

Adíase ata decembro o xuízo contra unha nai que supostamente maltrataba o seu bebé

O pequeno reside agora co pai biolóxico

G24.gal 25/06/2026 14:40

Esta mañá estaba previsto o inicio do xuízo contra a nai dun menor que supostamente maltratou gravemente o seu fillo dun ano canda o seu compañeiro sentimental.

O bebé chegou a estar en grave risco vital, mesmo teméndose pola súa vida. Agora reside co seu pai biolóxico, aínda que os primeiros doce meses de vida estivo ao coidado da súa familia materna.

A sesión suspendeuse porque os acusados argumentaron que lles faltaban probas por presentar. O proceso adiouse ata o vindeiro 17 decembro. A Fiscalía pide 20 anos de prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade