Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco músicos de Ribeira sofren un grave accidente provocado, segundo aseguran, por un condutor que fuxiu

Cinco músicos de Ribeira sofren un grave accidente provocado, segundo aseguran, por un condutor que fuxiu

As vítimas piden que se analicen as cámaras de seguridade da vía e o testemuño dun condutor que se exculpou do accidente porque había outros coches auxiliando

Estado en que quedou o coche dos integrantes da orquestra Sons de Ribeira tras o accidente que sufriron na AG53
G24.gal 02/07/2026 13:48

Alexandre Millet é o director da orquestra Sons de Ribeira. Era un dos 5 ocupantes do coche en que se dirixían a un concerto o domingo cando sufriron un accidente na AG-53 á altura de Arrabaldo en Ourense.

O sinistro figura no atestado como saída de vía, pero eles aseguran que o provocou un furgón que os golpeou cando os adiantaba. Din que por causa dese golpe a condutora perdeu o control do coche e acabaron impactando varias veces contra a mediana e o arcén.

Aos cinco integrantes da orquestra tiveron que ser trasladados ao hospital con lesións de diversa consideración. Duas estiveron ingresadas un par de días na UCI e xa foron dadas de alta. Os outros 3, entre eles Alexandre, foron atendidos en urxencias e xa lles deron a alta o mesmo domingo.

O problema é que non hai testemuñas do accidente que corroboren a súa versión. Por iso contrataron unha asesoría legal para que se investigue e se revisen as cámaras de vixilancia da autoestrada e dar co condutor do furgón que, segundo aseguran, provocou o sinistro.

Souberon que un condutor se presentou nun cuartel de Tráfico en Lugo para identificarse e exculparse do accidente. Dixo que pasou pola zona despois do sinistro e non se detivo porque xa había coches auxiliando. As vítimas piden que se verifique todo e se investigue para dar con quen fose o responsable do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade