Cargando resultados...
Cambiar o b polo v ou escribir "hacer" sen h: as faltas que cometen os aspirantes a mestres
As oposicións a mestre revelan que ata os ensinantes cometen faltas graves de ortografía
G24.gal
10/07/2026 16:44
Última actualización 10/07/2026 16:57
Houbo oposicións a mestres, e nalgunhas comunidades as notas foron unha verdadeira desfeita.
Vémolo nas lindeiras a Galicia, por exemplo.
En Castela e León suspenderon máis do 80% dos aspirantes. E en Asturias, máis do 60. É máis, alí un terzo dos aspirantes sacaron directamente un cero.
E entre os erros que había nos exames, os correctores atoparon faltas de ortografía moi graves.
Segundo transcendeu, houbo aspirantes a mestre en Asturias que cambiaron o B polo V e viceversa. Ou que escribiron por exemplo ACER sen o H inicial.