Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home mata dous medios irmáns de 24 e 26 anos en Mataporquera (Cantabria)

Un home mata dous medios irmáns de 24 e 26 anos en Mataporquera (Cantabria)

As vítimas, que eran veciñas do agresor, sufriron un ataque con arma branca tras unha discusión

O autor dos feitos, de 52 anos, está detido e ingresado na unidade de psiquiatría dun hospital cántabro

G24.gal 16/10/2026 10:30 Última actualización 16/10/2026 11:13

Dous medios irmáns de 24 e 26 anos morreron este venres en Mataporquera (Cantabria) despois de seren agredidos cunha arma branca presuntamente por un veciño de 52 anos, que foi detido como autor do dobre homicidio.

Segundo informou a Garda Civil, o arrestado foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do Hospital de Valdecilla, en Santander.

Os feitos ocorreron pasadas as 4 da madrugada, momento en que as forzas de seguridade recibiron varias chamadas que alertaban de que se estaba producindo unha discusión en Mataporquera.

Os falecidos e o home detido non tiñan relación familiar, pero si eran veciños.

Segundo as mesmas fontes, un dos mozos estaba na vía pública e foi atendido polos servizos sanitarios antes de ser trasladado ao Hospital Tres Mares de Reinosa onde morreu.

O seu medio irmán atopábase na entrada do seu domicilio, onde faleceu.

O presunto homicida foi detido ás 8:30 horas no seu domicilio, a onde accederon os axentes da Garda Civil coa preceptiva autorización xudicial.

Os axentes acharon no lugar unha arma branca con restos de sangue que foi intervida para a súa análise por se puidese ser a utilizada na agresión.

O detido ten varios antecedentes

O delegado do Goberno en Cantabria, Pedro Casares, informou de que o detido ten numerosos antecedentes, denuncias, "problemas de convivencia" e "algún problema de psiquiatría; iso podémolo confirmar".

De momento descoñécese cal foi o motivo da discusión que acabou coa vida dos dous mozos, aínda que se sabe que na tarde deste xoves houbo un incidente entre estas tres persoas.

O delegado do Goberno agradeceu o seu labor aos axentes que traballaron para dar co presunto autor dos homicidios. "O meu agradecemento pola rápida resposta", destacou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade