A Xunta amplía a toda a provincia da Coruña o aviso laranxa por treboadas e choivas para este sábado
A Xunta amplía a toda a provincia da Coruña o aviso laranxa por treboadas e choivas para este sábado
Dende primeira hora da tarde agárdanse treboadas, fortes refachos de vento e sarabia
Efectos das treboadas de mediados de xuño en Viana do Bolo, Ourense
A Xunta ampliou a toda a provincia da Coruña a alerta laranxa por treboadas e choivas.
Co obxectivo de garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta laranxa activarase a primeira hora da tarde por treboadas acompañadas de fortes refachos de vento e sarabia, así como por precipitacións con acumulacións de 30 mm nunha hora.
Ante as fortes choivas recoméndase circular con precaución e informarse previamente do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a inundarse e non aparcar nas beiras dos ríos.