Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os talleres non dan abasto tras a sarabiada do día de San Xoán

Os talleres non dan abasto tras a sarabiada do día de San Xoán

Calculan que hai máis mil vehículos danados polo pedrazo

Os sacabolos convertéronse na peza clave para axiliar o traballo 

G24.gal 02/07/2026 14:51

Os talleres de chapa e pintura traballan a pleno rendemento para reparar o elevado número de coches con bolos ou outros desperfectos provocados polo pedrazo.

"Bolos en distintas partes dos coches e no lateral do teito. Isto no 90 por cento dos vehículos. E á maioría hai que sumarlle o resto dos paneis porque o pedrazo, ao igual ca auga, tamén pode caer sobre un lateral e é raro que non teñan algo danado en cada panel. E isto, multiplica o traballo por moito en pouco tempo", explica Adrián Gómez Gómez, varilleiro. 

Con esta situación, os especialistas en eliminar as rugosidades metálicas sen alterar a pintura do coche convertéronse nunha peza clave. Son os coñecidos como sacabolos e, sen eles, os talleres tardarían semanas en absorber a carga de traballo que teñen nestes intres por mor da sarabiada de San Xoán.

"Axilizas moito porque pasas de facer un coche cada tres ou catro días a que cada varilleiro faga un coche cada día. E o coche conserva a súa calidade de orixe", engade Gómez.

Axilizan o traballo e mesmo pode saír máis económico.

"Un bolo nunha aleta é máis económico que arranxar a aleta enteira. Elixir esta opción non só se fai porque sexa máis económico senón pola calidade e a rapidez", conclúe Gómez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade