Hernán podería ser o último supervivente; Venezuela perde a esperanza de salvar máis vidas
Logo dunha semana baixo os cascallos, os equipos de rescate conseguiron sacar con vida a Hernán Gil
Os rescatistas afrontan os últimos intentos antes de deixar paso ao traballo da maquinaria pesada
Os achegados da familia de Marín que permanece desaparecida asumen o peor dos desenlaces
Un sobrevivente dos terremotos en Venezuela foi rescatado na mañá deste xoves, tras oito días baixo os entullos dun edificio no estado da Guaira e unha operación de salvamento de case 72 horas.
Hernán Gil quedara atrapado na garita de vixilancia do edificio situado na localidade de Catia La Mar onde traballaba, despois dos terremotos de magnitude 7,2 e 7,5 do pasado 24 de xuño.
Os labores de salvamento comezaron formalmente á 10:00 hora local do luns e, desde entón, o grupo duns 100 rescatistas, entre eles chilenos, estadounidenses, portugueses, costarriqueños e salvadoreños, estivo en constante comunicación con el, hidratándoo e pasándolle medicación.
O vixiante atopábase nun paso subterráneo nunha caseta de seguridade con 140 toneladas de entullos encima. Hernán puido preservar a súa vida grazas á garita, que foi o seu escudo de protección. A súa dona, Gusbimar González, estivo fronte ao edificio derrubado desde o pasado xoves, un día despois dos terremotos.
Tras os terremotos da semana pasada, a Venezuela chegaron entre 2.500 e 3.000 rescatistas estranxeiros, segundo datos da ONU, que coordina a súa actividade sobre o terreo.
O de Hernán é xa unha excepción. As esperanzas esvaécense co paso das horas. Tamén as dos achegados da familia de Marín que permanece desaparecida, que asumen que será imposible que saian con vida do lugar onde se cre que están atrapados.
En calquera momento ao traballo dos rescatistas tomaralle a remuda o labor da maquinaria pesadas.
A estas alturas, o que segue aumentando é o número de mortos, que se acumulan nos depósitos. No seu último balance, o Executivo venezolano indicou que unhas 6.461 persoas foron rescatadas e polo menos 2.295 faleceron, mentres que 11.267 resultaron feridas.
E tamén preocupa a situación dos desprazados. 16.000 persoas tiveron que buscar un lugar alternativo para vivir. E moitos deles con familiares desaparecidos. Unha semana despois de perdelo todo, aumenta a tensión social e as críticas á xestión.
Venezuela comeza este xoves sete días de loito oficial.
Nesta xornada chegou a Madrid un voo procedente de Venezuela con 96 españois, 11 cidadáns europeos doutras nacionalidades e 24 venezolanos. Con eles xa son máis de 300 as persoas repatriadas por España. E Exteriores insiste en que teñen abertas todas as liñas de emerxencia consular para quen o precise.