Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deep Purple rexeita a petición do Concello de Vigo de atrasar o concerto e mantense para as 10 desta noite

Deep Purple rexeita a petición do Concello de Vigo de atrasar o concerto e mantense para as 10 desta noite

O goberno local solicitara ao grupo que atrasase o inicio da actuación ata as 23:00 horas para que o encontro da selección española se puidese ver nas pantallas xigantes do parque 

J.M.B/Europa Press J.M.B/Europa Press
G24.gal 02/07/2026 15:51

A banda británica rexeitou atrasar unha hora o concerto deste xoves no auditorio de Castrelos, así que se mantén o horario previsto e Deep Purple sairá ao escenario do parque vigués ás 22:00 horas.

O alcalde Abel Caballero anunciara esta semana que mantiñan conversas co grupo para que a actuación principiase ás 23:00 horas, de tal xeito que os asistentes ao concerto puidesen seguir o partido de España contra Australia, que comeza ás 21:00 horas, desde as pantallas xigantes que se instalaron no auditorio con motivo da actuación de Deep Purple.

O goberno vigués anunciou este xoves que finalmente a actuación se mantén na hora prevista no contrato: ás 22:00 horas.

   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade