Josu Ternera absolto no último xuízo pendente en Francia e ábrese a vía para a súa extradición a España
Josu Ternera absolto no último xuízo pendente en Francia e ábrese a vía para a súa extradición a España
A súa entrega ás autoridades españolas estaba condicionada por esta sentenza, a última que tiña pendente no país galo
O tribunal considerou que non queda probado que pertencese á banda terrorista ETA entre 2002 e 2005
Josu Ternera. Europa Press (Arquivo)
O Tribunal de Apelación de París absolveu este xoves ao histórico dirixente de ETA José Antonio Urrutikoetxea, Josu Ternera, no último proceso que tiña pendente en Francia, o que abre a perspectiva para a súa entrega a España.
A presidenta do tribunal limitouse a dar o ditame absolutorio a Josu Ternera, que acudira á audiencia cos seus avogados, despois de lembrar que a acusación que pesaba sobre el era por pertenza a unha organización terrorista polo período que ía desde o 20 de decembro do 2002 ata maio de 2005.
Foi xulgado por pentencer a ETA pero o tribunal considerou que non hai probas suficientes
Neste proceso, que se celebrou en abril, xulgóuselle por formar parte de ETA desde que fuxiu de España, cando era membro do Parlamento Vasco para escapar das investigacións que se estaban levando a cabo en 2002 para aclarar se estivera implicado no atentado contra a casa cuartel da Garda Civil de Zaragoza.
Os principais elementos de proba na súa contra eran as trazas de ADN e as pegadas que deixou ao seu paso por dous pisos francos de ETA en Lourdes e en Villeneuve sur Lot nos que viviron o que era entón xefe militar da organización terrorista, Peio Eskisabel, e o seu lugartenente, José Manuel Ugartemendía, que foron capturados a finais de abril de 2005.
O tribunal francés considerou que non queda probado que pertencese á banda terrorista ETA entre 2002 e 2005.
Josu Ternera vive no País Vasco francés en liberdade baixo control xudicial. A súa entrega a España estaba condicionada por esta sentenza, a última que tiña pendente en Francia.