Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os concellos en prealerta pola seca do Lérez fan chamamentos a un uso responsable da auga

Os concellos en prealerta pola seca do Lérez fan chamamentos a un uso responsable da auga

En Pontevedra xa moderaron o uso no baldeo das rúas e no rego de xardíns públicos 

No concello pontevedrés piden que se revise o alto consumo noutros concellos da Ría no primeiro semestre 

En Poio subiu un 41% en Poio, un 102% en Sanxenxo e un 282% en Bueu de xaneiro a xuño

G24.gal 10/07/2026 14:58

O abastecemento de auga de Pontevedra, Poio, Marín e Bueu depende do río Lérez e, como o seu caudal empeza a xa a estar baixo, a Oficina Técnica da Seca activou a situación de prealerta. Aínda que este nivel non obriga a facer restricións, os concellos si que apuraron a facer chamamentos ao uso responsable.

En Pontevedra xa moderaron o baldeo de rúas ou o rego dos xardíns públicos e recoméndanlle á veciñanza que limite os usos non esenciais como o enchido de piscinas particulares, o rego de hortas e xardíns ou o lavado de coches. 

Desde o Concello da capital, onde o consumo subiu un 4% no primeiro semestre, piden que se revisen os consumos do resto dos municipios da ría, onde houbo incrementos sorprendentes de gasto de auga de xaneiro a xuño. En Poio subiu un 40%, en Sanxenxo duplicouse e en Bueu case foi case o triplo. 

O Concello de Bueu xa confirmou que vai contrastar cos datos de Aqualia o incremento de consumo do 282% do pasado semestre, mentres tenta que os veciños se vaian facendo eco das recomendacións da prealerta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos