Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o camioneiro que atropelou mortalmente un home en Pontevedra e fuxiu

Prisión para o camioneiro que atropelou mortalmente un home en Pontevedra e fuxiu

O chofer, de Vilagarcía de Arousa, non se detivo a auxiliar a vítima e continuou a marcha

G24.gal 23/04/2026 18:56

O Tribunal de Instancia, sección de Instrución, praza 1 de Pontevedra decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o camioneiro implicado nun atropelo mortal este mércores en Pontevedra, segundo informou a Garda Civil.

O condutor foi detido polo instituto armado o mesmo día dos feitos en relación cun homicidio por imprudencia e abandono do lugar dos feitos.

E é que, tras atropelar un home de 48 anos, veciño de Vigo, á primeira hora do mércores, o chofer, de Vilagarcía de Arousa, non se detivo auxiliar a vítima e continuou a marcha.

O accidente rexistrouse ás 08.05 horas na rotonda situada nas inmediacións do polígono do Vao, na PO-531, onde se atopaba traballando o falecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade