Investigado un veciño de Bueu por tráfico de drogas tras interceptarlle cocaína e heroína no coche
Realizada a pesada e análise da substancia, verifícase que portaba 10,55 gramos de cocaína e 1,7 gramos de heroína, polo que se procede á investigación do home por un presunto delito de tráfico de drogas
Tamén se lle interviñeron 230 euros en billetes de 5, 10 e 20 euros, según informa a Garda Civil
Garda Civil/Ministerio do Interior
A Garda Civil de Marín investiga un home de 53 anos, veciño de Bueu, por un suposto delito de tráfico de drogas ao que lle interceptaron cocaína e heroína no coche.
O 18 de abril, durante a realización dun punto de verificación de seguridade cidadá na estrada EP-1303, axentes deron o alto a un coche, "cuxo copiloto manifesta unha actitude nerviosa".
Así, foi localizada, na parte do copiloto, no "interior dunha carteira 20 envoltorios pequenos de plástico cunha substancia esbrancuxada no seu interior, aparentemente cocaína". Ademais, localízanse outros dous envoltorios cunha roca da mesma substancia e outro envoltorio "con outra substancia a cal presumiblemente é heroína".
Realizado a pesada e análise da substancia verifícase que portaba 10,55 gramos de cocaína e 1,7 gramos de heroína, polo que se procede á investigación do home por un presunto delito de tráfico de drogas.
Tamén se lle interviñeron 230 euros en billetes de 5, 10 e 20 euros, segundo informa a Garda Civil.