O rei Xoán Carlos gozou das mellores carnes do Salnés antes de abandonar Sanxenxo
Xoán Carlos de Borbón xa abandonou Galicia rumbo a Cascais. Durante a fin de semana, que dedicou ás regatas en Sanxenxo, Xoán Carlos I tamén tivo tempo para gozar coa gastronomía do Salnés.
Foi no restaurante Xesteira, que presume de ter as mellores carnes de Galicia.
"Escolleu el o menú. Eu levo sempre á mesa unha mostra e neste caso comeron vaca e boi", comenta o chef Luís Rodríguez
Onde manda patrón... Pero é de supoñer que non habería queixa coa elección gastronómica. No restaurante xa confiaban en que don Xoán Carlos I os visitaría nalgunha das súas estancias en Sanxenxo.
"Temos moitos amigos en común que xa nos dicían que a ver se traían un día o rei, e así foi finalmente".
Non é o seu primeiro cliente famoso. En xuño pasado atenderon a Jennifer López.
"Esa si que foi sorpresa. As semanas posteriores non dabamos feito coas reservas. Xa non podiamos coller máis".
Quen sabe. Con este novo comensal mediático igual volve ser misión imposible facer unha reserva.