Seis persoas afectadas por un incendio nun garaxe en Cambados
Os alertadores coincidían en que había persoas no interior que poderían necesitar asistencia
Catro persoas resultaron afectadas por un incendio nun garaxe en Cambados, Pontevedra, e dous efectivos de extinción foron atendidos por golpes de calor e queimaduras leves.
Varias chamadas ao 112 Galicia pouco antes das catro desta tarde alertaron deste lume nunha vivenda situada en Tragove.
Todos os alertadores coincidían en que había persoas no interior que poderían necesitar asistencia.
O 061 tivo que trasladar a catro veciños afectados e atenderon no mesmo lugar dos feitos a dous membros de emerxencias por golpes de calor e queimaduras leves.
En canto aos danos materiais, o garaxe ardeu por completo.
No seu interior había dous vehículos, unha caldeira e un cámping gas, que explotou.