Un incendio industrial provoca o confinamento da poboación cercana no Rosal
Segundo o 112, as chamas non se extenderon máis aló do edificio industrial
A nave contiña productos para o regadío e os ciclos da auga
Un incendio nas Baladas, O Rosal, na nave da empresa Vemar, provocou a despregadura dun gran dipositivo de intervención contra incendios. Asemade, nun primeiro momento levou ao confinamento das 14 vivendas cercanas debido a posible intoxicación polo fume.
Un particular deu o aviso ao 112 Galicia debido a que as persianas da nave estábanse a queimar. Segundo o 112, as chamas non se extenderon máis aló do edificio industrial.
A nave, situada a un quilómetro de distancia do núcleo urbano do Rosal, contiña productos de piscina, como o cloro, que fixeron que o lume se propagara de forma máis rápida.
Ante esta situación, despregáronse os Bombeiros do Baixo Miño, o GES da Garda, Protección Civil do Rosal, a Policia Local do Rosal e a Garda Civil. Ademais, deuse o aviso por se se precisara ao distrito forestal e a urxencias sanitarias.
O persoal sanitario tivo que atender ao dono da empresa debido a un ataque de ansiedade.
O lume xa está extinguido. Polo mometo non hai danos persoais.
Despois dunha primeira inspección ocular, a Policía Xudicial de Tui analizará a zona para tentar averiguar a orixe do lume. Ademais, o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña actuará deseguido.
A nave precintarase tras a inspección.