Novos desaloxos no norte de Portugal polos incendios, aínda que mellora o máis próximo a Galicia
O lume de Valpaços, o que máis preocupa as autoridades lusas
O incendio de Chaves evolucionar favorablemente
O incendio forestal declarado o martes en Valpaçcos, no nordeste de Portugal, continúa sendo lume que máis preocupa ás autoridades do país. As lapas estendéronse nas últimas oras aos municipios de Mirandela, Vinhais e Macedo de Cabaleiros, obrigando a desaloxar ou confinar varias localidades próximas á fronteira con Galicia.
Preto dun milleiro de efectivos e máis de 300 vehículos paticipan nas tarefas de extincións. O incendio deixou xa cinco feridos leves e provocou danos en, polo menos, 21 vivendas, ademais doutras instalacións.
Evolución favorable en Chaves
No mesmo distrito de Vila Real continúa activo outro incendio declarado o municipio de Chaves, limítrofe coa provincia de Ourense. A situación mellorou nas últimas horas e arredor do 80% do perímetro atópase en fase de vixilancia e liquidación, aínda que máis de 200 efectivos seguen trabllando na zona.
Portugal mantén este venres máis de medio cento de municipios do norte, centro e Algarve en risco máximo de incendio, malia a previsión dun lixeiro descenso das temperaturas.