Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio de Monfero e controlado o de Ourol

Extinguido o incendio de Monfero e controlado o de Ourol

O lume da Coruña queimou 38 hectáreas, mentres o de Lugo afecta unhas 30 

Europa Press - Arquivo Europa Press - Arquivo
G24.gal 31/07/2026 09:47

O incendio forestal declarado o mércores en Monfero (A Coruña), que tamén afectou ao municipio lucense de Guitiriz, quedou extinguido este xoves á noite tras queimar un total de 38 hectáreas, segundo informou a Consellería do Medio Rural. 

Na extinción do lume participaron dous técnicos, 16 axentes, 20 brigadas, 16 motobombas, catro helicópteros e catro avións. A maior parte da superfiice afectada corresponde a monte raso e localízase no termo municipal de Guitiriz. 

O incendio declarado en Ourol (Lugo) continúa controlado desde o xoves ao mediodía. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en arredor de 30 hectáreas. Nos labores de extinción mobilizáronse dous técnicos, once axentes, 22 brigadas, tres helicópteros e dous avións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade