Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez anuncia a fin da emerxencia nacional polos incendios de Ávila e Madrid

Sánchez anuncia a fin da emerxencia nacional polos incendios de Ávila e Madrid

Os dous incendios baixan ao nivel 2, aínda que a UME continuará sobre o terreo e mantense a alerta pola vaga de calor

G24.gal 30/07/2026 12:45

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este xoves que os incendios de Ávila e Madrid pasan ao nivel 2 de emerxencia, unha decisión que supón a fin da situación de interese nacional declarada a pasada semana pola gravidade do lume. 

Tras a reunión do Comité Estatal de Coordinación e Dirección do Plan Estatal de Emerxencias (CECOD), Sánchez explicou que a decisión se adoptou de acordo coas comunidades de Madrid e Castela e León e cos responsables do operativo. O mando das tarefas de extinción volverá agora ás adminsitracións autonómicas, aínda que a UME e Protección Civil seguirán despregados nas zonas afectadas. 

O presidente cualificou de "moi boa noticia" esta evolución, aínda que pediu manter a prudencia ante a nova vaga de calor e lembrou que será necesario redistribuír medios para atender outros incendios activos en provincias como Zamora, León ou Castelló. Tamén insistiu na necesidade de extremar as precaucións e reiterou o seu chamamento a un pacto de Estado fronte á emerxencia climática. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade