Francia permite o regreso dos 60.000 evacuados tras estabilizar o incendio de Xironda
As autoridades manteñen a máxima alerta ante a vaga de calor, con temperaturas de ata 41 graos
EuropaPress
O megaincendio que afecta ao departamento francés de Xironda continúa estabilizado, tras unha noite tranquila, segundo informou este mércores a Prefectura de Nova Aquitania. Os servizos de emerxencia conseguiron controlar con rapidez varios pequenos rebrotes rexistrados durante a madrugada e a superficie queimada mantense nas 42.000 hectáreas.
A evolución favorable do lume permitiu que os 60.000 habitantes de Le Haillan, Mérignac e Eysines regresasen ás súas vivendas, aínda que as autoridades lles pediron que permanezan atentos por se fose necesario un novo desaloxo. Con todo, outras 160.000 persoas continúan desprazadas en 20 localidades.
Máxima alerta por vaga de calor
A pesar da estabilización do incendio, o dispositivo continúa en máxima alerta ante o empeoramento das condicións meteorolóxicas. A previsión apunta a temperatras de ata 41 graos no interior da Xironda, ventos secos e unha baixada da humidade, factores que poderían faorecer novas reactivacións do lume.
No operativo participan 2.750 bombeiros, 1.500 militares, máis de 1.400 efectivos doutras forzas de seguridade e 18 medios aéreos. Desde o inicio do incendio foron feridos 126 bombeiros e as autoridades manteñen abertas as restricións de circulación nas zonas afectadas.