Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda agradece o esforzo dos efectivos galegos contra os incendios

Rueda agradece o esforzo dos efectivos galegos contra os incendios

O presidente da Xunta recibiu este xoves o continxente que colaborou na extinción dos incendios de Ávila e León

Rueda di que Galicia está preparada para afrontar os meses de maior risco de lumes e pide a colaboración cidadá

Galicia dá por controlados todos os incendios forestais no seu territorio

O presiente da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, e o director xeral de Montes, Manuel Francisco Gutiérrez (EFE/Xoán Rey)
G24.gal 30/07/2026 14:33 Última actualización 30/07/2026 15:10

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu o continxente galego que loitou contra os incendios noutras comunidades. Os equipos que traballaron sobre o terreo alertan da voracidade dos novos lumes.

O bombeiro forestal Jorge Ballesteros di en León volveron a ver "como o lume se puxo fóra da capacidade de extinción" e atopa "similitudes" entres os incendios dos últimos días e os que houbo o ano pasado en Galicia. 

A coordinación é clave tanto entre as administracións como entre os equipos de extinción. "Aportamos as nosas características e habilidades pero tamén aprendemos", explica o axente ambiental Carlos Sanmiguel que estivo desprazado en Castela e León.

Rueda di que Galicia está preparada para afrontar os meses de maior risco. "Temos que seguir moi atentos e con todos os medios despregados. Empezando polo dispositivo da Xunta que é o mellor de España e un dos mellores de Europa". 

O presidente galego tamén pide a colaboración cidadá para alertar de posibles incendios, e apunta que a nova aplicación ALume, que permite dar avisos, leva xa 7.000 descargas e máis de 200 alertas desde que está operativa. 

Na actualidade máis de 240 cámaras vixian os montes galegos. Ademais nesta campaña Galicia refórzase con novos medios aéreos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade