Galicia activa o protocolo de vixilancia tras detectar un caso de sarampelo nun adulto
Sanidade considera que se trata dun caso importado e asgura que o risco de contaxio é moi baixo
Europa Press-Arquivo
A Consellería de Sanidade activou o protocolo de vixilancia e control tras detectar un caso de sarampelo nun home de 40 anos. Segundo informou a Xunta, o paciente atópase en bo estado xeral, e todo apunta a que se trata dun caso importado, aínda que non foi posible determinar con certeza onde se produciu o contaxio.
A sospeita foi comunicada o pasado 23 de xullo ao Sistema de Alerta Epidemolóxica de Galicia e o dignanóstico foi confirmado este martes polo Centro Nacional de Microbioloxía. Desde entón, as autoridades sanitarias identificaron e supervisaron os contactos do afectado e aplicaron as medidas de pevención previstas, sen que, polo momento, se atopasen casos secundarios.
Sanidade lembra que o sarampelo é unha enfermidade moi contaxiosa, pero previble mediante a vacinación, e insiste en que o risco para a poboación xeral é "moi baixo", xa que Galicia mantén coberturas de inmunización infantil superiores ao 95 %.