Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todos os galegos de máis de 65 terán a vacina reforzada contra a gripe: búscase inmunizar 730.000 persoas

Todos os galegos de máis de 65 terán a vacina reforzada contra a gripe: búscase inmunizar 730.000 persoas

Todas as persoas de máis de 65 anos poderán recibir unha dose reforzada contra a gripe para estaren máis protexidas fronte ao virus

Ante o aumento de casos en España de sarampelo, a vacina de reforzo adiantarase dos tres aos dous anos de idade a partir de maio

G24.gal 13/04/2026 14:03 Última actualización 13/04/2026 14:16

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou dúas novidades no calendario de vacinación autonómico: a administración da vacina reforzada contra a gripe ampliarase a todos os maiores de 65 anos; e adiantarase o reforzo da do sarampelo nos nenos aos 2 anos -ata o de agora poñíase aos 3-.

Así o avanzou o xefe do Executivo autonómico ao termo da reunión semanal do Executivo nunha conferencia de prensa na que explicou que ata o de agora a vacina de alta carga contra a gripe, que ofrece "máis protección" e fortalecemento do sistema inmunolóxico, administrábase a maiores de 60 que vivían en residencias e ao resto de cidadáns de máis de 70 -agora amplíase e será para todos os mayors de 65 anos-. O obxectivo, dixo, será "chegar a un 35% de poboación diana ata alcanzar as 730.000 persoas".

Doutra banda, co fondo de que España perdeu o seu status de país libre de sarampelo, o presidente anticipou que, a partir de maio, adiantarase a vacina de reforzo contra esta doenza nos nenos, e pasará a poñerse aos 2 anos no canto de aos 3, como sucedía ata o momento. No caso dos nenos nados en 2023 mantense este exercicio nos 3 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade