"Ollos no monte", o programa para a loita contra os incendios
Este sábado en Goián, moitos homes e mulleres, recibiron unha formación sobre incendios baixo a Mancomunidade dos montes do Baixo Miño
A mancomuniade de montes do Baixo Miño volve poñer en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa "Ollos no monte" como ferramenta para a loita contra os incendios. O ano pasado evitaron catorce lumes ao seren detectados no seu inicio, Raquel Gandoy.
Lumes de territorio que non atenden a límites dunha ou doutra comunidade de Montes que poden ser apagados ou controlados no seu inico grazas a patrullas de vixianza, xente de máis de trinta comunidades de Montes das Serras da Groba e da Argola.
Coa chegada da tempada de alto risco de lumes a Mancomunidade dos montes do Baixo Miño volve poñer en marcha o programa "Ollos no Monte", unha rede comarcal de xente do común que alerta de situacións perigosas ou inicios de lumes. Non son brigadistas nin extinguen incendios. Alertan aos que teñen que facelo, aos profesionais das administracións.
"A idea xa estabaroldando nas cabezas", declara Rafael Alonso. Presidente da Comunidade de Montes do Rosa.
Non somos brigadistas, a nosa funcion non é apagar os lumes. A nos afuncion é evitar o incendio, di Jose Antonio Rodríguez Palacio. Persidente da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño.
Este sábado en Goián, moitos homes e mulleres preocupados polos seus montes, recibiron unha formación sobre incendios baixo a Mancomunidade dos montes do Baixo Miño.