Investigan unha nova queima de colectores do lixo en Lugo
Un forte estrondo espertou os veciños, que esta mañá aínda estaban co susto no corpo
O lume afectou unha casa, escachou os cristais das ventás, mais o seu inquilino saíu ileso
Algúns aínda estaban vendo a tele, outros xa foran para a cama cando escoitaron...
"Coma unha explosión, avisei o meu home e saímos ao balcón e xa vimos a fumareda", di unha veciña.
Ardían os colectores do lixo.
"Dixeron que algo botaron dentro, gasolina ou o que fose, e empezou a botar chipas", relata unha veciña.
Nos vídeos que gravaron os veciños vese como as lapas superaban a altura das casas e rebentaron os cristais. Por sorte, o inquilino da vivenda saíu ileso.
"As lapas subían bastante, ninguén sabe que botaron, puido ser unha cabicha no contenedor do cartón, quen sabe", asegura unha veciña.
Os veciños levaron un bo susto, aínda que os bombeiros controlaron o lume rapidamente.
"Pasamos moito susto, arderon os tres, un tras outro", di unha muller.
É a terceira vez nas últimas semanas que lle prenden lume aos colectores do lixo. No primeiro, este que ven, houbo que desaloxar o edificio lindeiro, que ademais sufriu danos na fachada.