Un incendio causa danos nunha nave industrial de Redondela
Os feitos sucederon ás 22:10 horas deste martes e ata o lugar acudiron os Bombeiros e a Policía Nacional
Os bombeiros tiveron que sufocar un incendio nunha nave de fabricación de aparellos de pesca en Redondela. O lume causou danos no seu interior.
Os feitos sucederon ás 22:10 horas deste martes e ata o lugar acudiron os Bombeiros e a Policía Nacional. Había acumulación de restos de lixo, chapas e lixo no exterior e foi o que ardeu.
"Sobre as 22:10 da noite recibimos unha chamada da Policía Local en que nos informan de que se ven lapas na nave. Achegámonos aquí, eu e máis os encargados de quenda. Abrimos a nave e facilitamos a entrada da policía e bombeiros. Vimos que era no lateral exterior. Nada máis que lamentar que o que vedes aquí detrás, danos materiais, e son poucos, e no interior non hai ningún tipo de dano, de feito estamos a traballar con total normalidade".
Malia que as lapas fixeron pensar o peor, á medianoite o incendio xa estaba controlado. Só arderon unhas bobinas de madeira dos cables almacenadas no exterior ata ser devoltas á fábrica para novos pedidos.
A policía abriu unha investigación e revisarán as cámaras de seguridade para esclarecer a orixe do incendio neste camiño de paso entre dúas naves.