Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha candea acesa, posible causa dun incendio nunha igrexa da Gudiña

Unha candea acesa, posible causa dun incendio nunha igrexa da Gudiña

Os veciños de Parada da Serra conseguiron sufocar as lapas antes de que o lume afectara todo o templo

Ardeu un antigo altar de madeira e unha imaxe, entre outros obxectos

G24.gal 08/06/2026 14:38

Foi contra as sete e media da mañá do domingo cando un veciño da aldea de Parada da Serra se decatou de que saía fume na igrexa. Alertou o resto do pobo e acudiron con mangueiras para intentar sufocar as lapas.

O lume calcinaba un moble empregado antigamente como altar. Tamén calcinou unha imaxe, manteis, lámpadas. A intensa fumareda invadía todo o templo. A pesar diso conseguiron evitar que o incendio se estendera por todo inmoble. 

Sospeitan que  a causa do suceso foi unha candea que puido quedar acesa despois dun funeral celebrado o pasado venres. Están pendentes de avaliar os danos para solicitar a axuda do bispado e poder facer fronte a rehabilitación da igrexa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos